4 de mar de 2012

Asturies país Luso

Mirando pola rede, cheguéin á páxina de facebook del Bloque-UNA. Y xá veo que, con coherencia, usan a versión galega no seu perfil facebook, facendo os sous comentarios n'asturiano ou en galego, se cadra.

Eu opino qu'eso é coherencia, porque vexo qu'esa é úa lingua propia d'Asturias, a galega, a galego-asturiana, a portuguesa.

Y pra estas eleccióis vai presentase úa candidatura "lusista". Tían que serllo todas; peró eso vai ser muito.

Dito esto, esa candidatura lusista presenta un marcado antiandalucismo, porque eu nun séin por qué téin que tachar a bandeira andaluza, porque elos tamén téin eleccióis. Nun me gusta que yes tache a súa bandeira. ¿Qué yes fain?

Piden a creación d'un "Conseyo Comarcal"... ¿Prá qué quéremos un conseyo comarcal? Penso que nun nos fai falta, porque eso val pal Bierzo ou pa Pontevedra, peró n'Asturias temos antes que constituir máis parroquias rurales, que son a nosa base, y tamén son a nosa historia y tradición. Ademáis, son os conceyos a nosa base intermedia d'organización. Aquí nun fai falta crear un Conseyo Comarcal en nengún lado, en base a nun se sabe quéi.

Peró sí é verdá que falta Asturias cumo país observador dentro da Comunidá da Lusofonía. Y nun é qu'eu teña muito interés en que sía membro d'aquela, porque bó, ¿y hasta que punto nun é úa asociación como a Commonwealth ou la Communaute Française, postcolonial? Pero nós sí temos as nosas ligazóis con Portugal, por medio da lingua ou del Brasil, y xa nun digamos tamén conos vecíus da Galicia ou El Bierzo.

É mui importante ter lazos conos nosos irmaos de lingua de Miranda do Douro, de Lión y de Zamora, porque somos el asturllionesofonía ou asturfonía ou como lo queran chamar; pero tamén hai úa lusofonía, onde Asturias, mal que ye pese al Dóberman ou a quén ye corresponda, ten que tar pola súa cultura y pola súa herencia; y a tar de maneira propia, non núa forma sacada de Portugal, da Galicia ou del Brasil.

A nosa identidá é así. Son detalles, peró no del perfil facebook hai qu'aproveitar as ventaxas que tén el galego ou el portugués, fronte á lingua castelá, que, in sensu stricto, nun é propia da terra asturiana.

2 comentários:

  1. Este blog ia el mas guapo que hay na blogosfera de la asturllionesofonía!!! A mas de prestame informa adecuadamente.

    Aquademico de la Llingua Amestada

    ResponderExcluir
  2. Non home non, qué va ho. Hailos meyores, you sólo soi un friki con un ordenador.

    Pero munchas gracias por pasar, ya por siguir esti blogue.

    ResponderExcluir