8 de set. de 2011

Oito de Setembre de 2011

Outro ano máis é a festa d'Asturias. El Oito de Setembre.

Hai unha leyenda pral Oriente asturiano que xa nun recordo muito ben, peró que dicía daqué d'un mozo que tía vacas y qu'os mouros yas mataran, y foi por eso que nun monte emboscóulos (un monte que xa nun recordo el sou nome tampouco) y soltóu úos troncos d'árboles que arrollóu a tódolo qu'había por aí. (El mozo érache el Rei -Princeps ente os ástures- Pelayo).

Este ano el Principado escoyéu Amieva, precisamente nel Oriente, nas montañas non mui llonxe de Cuadonga. Peró xa houbo celebracióis por todo el país: Acórdome en Trevías, acórdome en Pravia, en Cuideiru, en Navia...

Sí, sobre todo celebraron a festa pral Occidente.


¿Qué quer decir esta efeméride? Bó, ten de lembrar a batalla de Cuadonga, peró máis qu'eso -aínda nun se sabe con certeza como foi aquelo-  foi el nacimento d'Asturias.

Os mouros chenaban a península ibérica, elos tían taifas mouras, y quedabayes Asturias. Entóis os albióis (galaicos), os paesci y os luggoni (ástures) y os vadiniensi (cántabros) daqué latinizaos -por Roma-, daqué menos xermanizaos -polos Suevos-, y había que ver cómo de celtizaos -pola Sede de Britonia, as abadías celtas de Galicia y Asturias- foron xuntando contra los mouros y creando Asturias, deixando de ser galaico-romanos, asturromanos, cantabrorromanos y siendo asturianos, por acio da creación del Reino d'Asturias.

Elo nun quer decir que tolos ástures, tolos galaicos nin tolos cántabros señan hoi os antepasados dos asturianos nin que nós síamos "a súa evolución lóxica". Non, porque somos outra cousa nova. Tampouco somos romanos, nin suevos nin muito menos celtas.

Asturianos. Heredeiros da lingua latina. Heredeiros da Igrexa católica apostólica y celta, como dicía el xenial músico pixuetu Fernando Largo. Y con muitas cousas xermánicas, anque eso nun seña tan lembrado, peró ai tán a organización en parroquias, como en Portugal, que quiciabes seña da orixe xermánica, ou a nosa gastronomía, que mediterrania nun é... Gustaríame saber cuánto yes debemos n'Asturias á herencia xermánica. A Cruz da Victoria y a Dos Ánxeles poderían ser unha pista.

Craro é que muitas cousas solápanse, adhiérense y evolucionan: pró pra min Asturias é un país que foi solaz das tribus ou as gens prerromanas galaicas, ástures y cántabras, fruto da romanización intensa, y dos aportes suevos y britóis, que forman lo qu'hoi é, y celebramos, Asturias.

Por eso, penso qu'hoi é el día -con ou sin as connotacióis relixosas- en que celebramos el nacimento del Poblo Asturiano -na forma de reino altomedieval, peró eso xa... é outra historia.

Nenhum comentário:

Postar um comentário